Site icon Crónica3.com A Mariña

En Foz celebrarán o San Fermín gastronómico

Nota de prensa:
O SAN FERMÍN GASTRONÓMICO INUNDARÁ FOZ OS DÍAS 8 E 9 DE XULLO. VINTECATRO LOCAIS SERVIRÁN PINCHOS TÍPICOS DE NAVARRA. A CITA ESTÁ ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES.

Foz, 2 de xullo de 2011. Xa queda menos para a celebración dos sanfermíns e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz quere achegar a veciños e visitantes a esta festa pamplonica e por iso organizou un ano máis o San Fermín Gastronómico que se desenvolverá os días 8 e 9 de xullo.

Un total de 24 mesóns, bares e restaurantes servirán pinchos típicos desa rexión. O obxectivo, segundo explica José Carlos Paleo, “é traer aos mariñáns o sabor e o color doutras festas emblemáticas que se celebran polo país adiante. E tamén, coma sempre, queremos dinamizar a hostelería e o comercio nestas datas nas que xa están con nós os primeiros turistas”.

Os locais que participarán no San Fermín Gastronómico son: A Maseira, A Quinta, A Bolera, Acuario, O Amanecer, O Taco, Dallas, May-Ros, Xoyma, Anduriña, El Rincón de Anita, O Fogar do Pelolo, O Norte, Leytón, O Tangarte, Namarinos, A Caracola, Dandy, O Mar, O Lar e A Terriña.

Paleo convida a disfrutar desta nova cita festiva.

Exit mobile version