Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de premios da Liga Norte de bolos celtas que se celebrou en Barreiros

Nota de prensa:
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA NORTE DE BOLOS CELTAS QUE SE CELEBROU EN BARREIROS

Na liga norte de bolos celtas participan un total de 7 equipos que suman máis de 150 xogadores e xogadoras federadas de todas as idades

LUGO, 1 xullo de 2011. O deputado nacionalista Antonio Veiga participou esta noite, xunto con representantes dos concellos dos que proveñen os equipos participantes, na entrega de premios da Liga Norte de Bolos Celtas 2011, nunha velada que se celebrou nun restaurante de Barreiros, coa presenza de máis dun cento de xogadores e xogadoras dos sete equipos que compiten na liga: CB Arcasco da Órrea, Riotorto e Meira; CB O Cadaval, de Pacios; CB Campo Cruceiro, de Pousada (A Pastoriza); CB Cruceiro de Meilán, de Santa Marta de Riotorto; CB Santalla, da Pontenova; CB Ribatra, de Remourelle (Ribadeo); e CB Xove, de Xove.

A Área de Deporte da Deputación apoia a organización desta competición de Bolos Celtas de cara a recuperar e difundir os xogos e deportes tradicionais lucenses e galegos, xa que ademais constitúen un importante elemento da nosa identidade como galegos e un claro exemplo da nosa riqueza cultural.

Exit mobile version