Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz continúa cos preparativos da I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica

Nota de prensa

SEGUEN OS PREPARATIVOS DA I FESTA NORMANDA DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA QUE SE CELEBRARÁ EN FOZ OS DÍAS 26 E 27 DE AGOSTO. OS ARTESÁNS INTERESADOS EN PARTICIPAR NO EVENTO DEBEN POÑERSE EN CONTACTO COA ACIA.

Foz, 15 de xullo de 2011. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz continúa cos preparativos da I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica que se celebrará os días 26 e 27 de agosto na vila.

Desde ACIA informan que todos os artesáns que queiran instalarse e participar nesta cita festiva deberá poñerse en contacto ao longo dos vindeiros días coa asociación no teléfono 982 132 751 ou coa Casa da Cultura no 982 140 675. A directiva advirte que “a situación dos postos faráse seguindo a orde de anotación rexistrada”.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, lembra que “durante todo o verán haberá en Foz varios actos promocionais desta I Festa Normanda”. O vindeiro 29 de xullo ás 20:30 horas no CENIMA terá lugar unha conferencia sobre os desembarcos vikingos nesta zona a cargo de Gonzalo Francisco Fernández Suárez, doctor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor da Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas no departamento de Historia I, na Facultade de Humanidades no campus de Lugo. Fernández Suárez, nado en Taragoña (Rianxo), centra as súas investigación no ámbito galego, nomeadamente no século XVI, en aspectos como a documentación municipal, as xuntas do Reino de Galicia, o notariado ou a nobreza galega.

Paleo subliña que “xa están en circulación en Foz as 2.000 monedas daquela época editadas para o acontecemento”. Os interesados en conseguilas poden dirixirse ás librerías e a outros establecementos asociados. Segundo Paleo “o recadado servirá como donativo para a organización deste evento”.

A I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica está organizada por ACIA Foz, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Foz.

Exit mobile version