Galiza Nova organizará un acto de homenaxe a Castelao no parque Rosalía de Castro de Burela
redac
Nota de prensa
GALIZA NOVA ORGANIZA EN BURELA HOMENAXE A CASTELAO PARA CONMEMORAR O DÍA DA PATRIA
O próximo sábado ás 12:30 do mediodía Galiza Nova organizará un acto de homenaxe a Castelao no parque Rosalía de Castro de Burela. O acto servirá para quentar motores antes da celebración do Día da Patria Galega e para dar a coñecer o programa do Festigal 2011 http://www.festigal.com/ que este ano chega á sua décima edición e no que participarán os grupos musicais Loretta Martin, Ultraqans, Dios que te crew e os portugueses Deolinda, Os Carunchos, entre outros. Galiza Nova A Mariña lembra o lema da manifestación que terá lugar o luns 25 en Compostela, “a favor do pobo, soberanía, democracia e traballo” e insitiron na importancia de asistir para o cal fletaranse autobuses dende A Mariña podendo reservar no tlf. 982140654 en horario de 11.00 a 14.00hrs.
O acto consistirá na lectura de diferentes textos do Sempre en Galiza por parte de mozos/as da vila e estará intercalado coa actuación do grupo de música tradicional Sal da Felga. Antonio Veiga, responsábel comarcal e vicepresidente primeiro da Deputación provincial de Lugo fechará a actividade.