Site icon Crónica3.com A Mariña

Gastaron máis de 200 mil euros no mantemento da rede viaria municipal de Lourenzá, asegura o PP

Nota de prensa

Grupo municipal Partido Popular

Dende que se celebraron as pasadas eleccións municipais do mes de marzo.

INVÍRTENSE MAIS 200 MIL € NO MANTEMENO DA REDE VIARIA MUNICIPAL

O grupo municipal do BNG pide un plan de mantemento que xa existe, “que o portavoz non o coñeza non quere dicir que non exista”

Na pasada lexislatura o BNG opúxose a petición dun crédito para este fin

Instamos a Excelentísima Deputación de Lugo a colaborar co Concello de Lourenzá no mantemento e mellora das vías municipais

E tamén ao arraxo urxente do badén no camiño A (San Xorxe – San Adriano) da súa titularidade.

Lourenzá, 22 de xullo do 2011.- Dende as pasadas eleccións municipais do 22 de maio invertíronse no Concello de Lourenzá máis de 200 mil € no mantemento da rede viaria municipal, investimento realizado a través de fondos propios do Concello e de distintas ordes de axudas procedentes da Xunta de Galicia.

O mantemento e conservación da rede viaria atenden a criterios de prioridade donde prima o uso da vía e o estado da mesma, pero hai que ter en conta que moitas das ordes de axuda teñen uns fins determinados con o cal non é posible sempre priorizar no xeito en que o equipo de goberno desearía, estoume a referir por exemplo a que non podemos utilizar fondos do PEIM de Medio Rural para arranxar unha calle no casco urbano.

Sorprendelle a este grupo que o BNG, xusto neste momento onde se está facendo unha importante labor de conservación nas vías pida a eleboración dun plan, dun plan que xa existe, “que o portavoz municipal non teña coñecemento deste plan non quere dicir que non exista”, ademáis basease a moción presentada para o seu debate en pleno o vindeiro martes en actuacións do casco urbano, motivo que nos fai suxerirlle que patee o concello, que o rural tamén existe, non só hai calles neste concello, tamén hai pistas e estradas municipais, simplemente se limitou a recoller os puntos concretos que afines ao seu partido utilizan diariamente nas inmediacións do casco urbano. Un plan estratéxico é para todo o concello independientemente dos simpatizantes que as transiten.

Tamén nos sorprende o agora interese de este grupo, xa que na pasada lexislatura se opuxeron a petición dun crédito por parte do equipo de goberno destinado basicamente a este fin. “É moi bonito diseñar un plan, pero executalo necesita orzamento”.

O grupo municipal do Partido Popular rexistramos no día de onte unha emenda de sustitución a esta moción na que instamos a Excelentísima Deputación de Lugo a colaborar co Concello de Lourenzá no mantemento e mellora das vías municipais posto que dende que mudou o goberno no 2007 non firmaron ningún tipo de convenio de colaboración có noso Concello para o mantemento das pistas municipais inclusive non nos deixaron as máquinas, logo de pedilas, que o anterior goberno deixaba cada ano colaborando así a facer este servizo.

Tamén instamos a Deputación a reparar de xeito inmediato e urxente o badén do camiño A que une San Xorxe con San Adriano por ser unha vía provincial e debido a súa perigosidade, feito que xa temos comunicado en dúas ocasións ao Ente provincial optando finalmente a señalizalo, aínda non sendo competencia municipal, posto que a Deputación obviou as comunicacións que lle fixemos dende o Concello, como fixo coa carretera, tamén da súa titularidade que une a parroquia de A Cazolga co núcleo urbano, en varias ocasións advertimos do seu lamentable estado incluíndo peticións e firmas dos veciños afectados e non foron quen de poñer solución ata a semana anterior ás eleccións adxudicando as xestións a candidata socialista municipal.

Exit mobile version