Site icon Crónica3.com A Mariña

Ginés Rodríguez, de Xove, e o CB Cruceiro de Meilán, de Riotorto, gañadores da liga de bolos celtas

Nota de prensa

ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA NORTE DE BOLOS CELTAS QUE SE CELEBROU EN BARREIROS

Ginés Rodríguez, do CB Xove, foi o campión individual e na clasificación por equipos resultou vencedor o CB Cruceiro de Meilán, de Riotorto

Na liga norte de bolos celtas participan un total de 7 equipos que suman máis de 150 xogadores e xogadoras federadas de todas as idades

LUGO, 2 xullo de 2011. O nacionalista Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, participou esta noite, xunto con representantes dos concellos dos que proveñen os equipos participantes, na entrega de premios da Liga Norte de Bolos Celtas 2011, nunha velada que se celebrou nun restaurante de Barreiros, coa presenza de máis dun cento de xogadores e xogadoras dos sete equipos que compiten na liga: CB Arcasco da Órrea, Riotorto e Meira; CB O Cadaval, de Pacios; CB Campo Cruceiro, de Pousada (A Pastoriza); CB Cruceiro de Meilán, de Santa Marta de Riotorto; CB Santalla, da Pontenova; CB Ribatra, de Remourelle (Ribadeo); e CB Xove, de Xove.

A Área de Deporte da Deputación apoia a organización desta competición de Bolos Celtas de cara a recuperar e difundir os xogos e deportes tradicionais lucenses e galegos, xa que ademais constitúen un importante elemento da nosa identidade como galegos e un claro exemplo da nosa riqueza cultural.

Gañadores:

1º Clasificado Individual: Ginés Rodríguez, CB de Xove.

1º Clasificado Equipos: CB Cruceiro de Meilán (Riotorto)

1º Clasificado Veteranos: Cándido Rodríguez Soto, CB RIBATRA

1º Clasificado Xuvenil: Óscar Pérez Meitín, CB Xove

1ª Clasificada Feminina: María Edita González Freire, CB Arcasco (non puido asistir e recolleu o premio a 2ª Clasificada, María Carmen Roca Corral, de Xove.

Exit mobile version