Site icon Crónica3.com A Mariña

Indignados de A Mariña e occidente Asturias convocan unha cadea humana na Ponte dos Santos o 23 de xullo

Nota de prensa
NOTA DE PRENSA PARA A CADEA HUMANA NA PONTE DOS SANTOS DO DIA 23 DE XULLO

Durante parte dos meses de xuño e xullo, desde varias cidades do Estado sairon
camiñando varias marchas, configurando rutas en dirección ao centro político de
España. As persoas participantes comparten asembleas, en cada pobo e en cada
barrio polo que discorre esta marcha de dignidade e transformación,
constituídas como encontros para o intercambio de ideas e palabras, recollendo
as inquietudes, as reivindicacións, as experiencias e as loitas de todos os
pobos, na procura de construir un mundo máis xusto onde caibamos todas as
persoas. É esta unha boa forma de dicir que “o camiño é longo, pero os camiños
longos mídense con pasos pequenos”.

Coincidindo ca sua chegada a Madrid, o día 23 de xullo, as sete da tarde, temos
previsto facer unha “cadea humana”, na ponte dos santos, que unirá de xeito
simbolico Galicia con Asturias, en sinal de solidariedade c@s nos@s compañeir@s.
Ademais queremos poñer en valor a riqueza natural e a diversidade cultural que
nos une por riba das fronteiras administrativas, frente as ameazas dun modelo de

sociedade global que consideramos inxusto ou, cando menos, esgotado.

A “marcha pola dignidade” parte da humildade de quen camiña, escoita e dialoga.
Sabemos que o proceso de transformación social cara un mundo mellor implica unha
longa aprendizaxe. Convidamoste a participar, e rachar cas “cadeas” impostas,
facendo camiño

Exit mobile version