Site icon Crónica3.com A Mariña

Integrantes do colectivo Aspanane participan nos actos das festas patronais do Carme en San Cibrao

Nota de prensa

Integrantes do colectivo Aspanane (Asociacion de pais de nenos e adolescentes con necesidades especiais) asistirá aos diversos actos organizados co gallo das festas patronais do Carme na praza dos Campos e, con posterioridade, participarán na degustación e venda de bolos preñados e empanada.

A comisión de festas de San Ciprián, quere facer un agradecemento especial a os rapaces e rapazas de Aspanane e a os seus monitores, pola súa colaboración e traballo na confección das camisetas e tazas da Maruxaina.

Este ano quen merque unha taza ou unha camiseta da Maruxaina ademais de contribuír coa organización dos festexos, colaborará co proxecto social que representa esta asociación, xa que Aspanane foi a organización encargada de confeccionar este materia

Exit mobile version