Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente do club Náutico de Ribadeo avoga por unha relación fluída entre os socios e a directiva

Nota de prensa:
MARIO COTO ABOGA POR UNHA RELACIÓN FLUIDA ENTRE OS SOCIOS E A DIRECTIVA DO CLUB NÁUTICO DE RIBADEO. O VINDEIRO 18 DE XULLO TERÁ LUGAR A SÚA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA.

Ribadeo, 11 de xullo de 2011. O 18 de xullo ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21 horas en segunda terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria do Club Náutico de Ribadeo. O presidente, Mario Coto, asegura que a directiva está para atender as demandas dos socios e para facer as cousas con claridade e transparencia .

Coto comentou que “o vindeiro luns teremos a Asamblea Xeral Ordinaria, a nosa intención é facela cada vez antes, a ver si para o vindeiro ano incluso somos capaces de convocala en febreiro, porque agora xa hai moita xente, xa temos moito traballo doutro tipo. As cousas hai que facelas con calma, ben e telas ahí presentes para os socios co obxectivo de que as poidan palpar vivamente”.

O presidente do Club Náutico de Ribadeo dixo que en dita asamblea “trataránse as contas anuais de 2010, o peche de presupostos e os orzamentos de 2011, tamén se abodardán os proxectos que temos previsto realizar neste ano, algunhas obras vánse ver arrancar en breve, e o capítulo de rogos e preguntas que teñan os socios porque ao fin e ao cabo son eles os que mandan no Club. Nós estamos ahí para responder e para facer as cousas con claridade e transparencia”.

Mario Coto engadiu que “despois da asamblea marcharemos a Francia para a saída da Transgascogne 2011 e por iso decidimos facer a asamblea o 18 de xullo, non hai ningún capricho particular. Queremos que os socios nos manifesten as inquietudes que teñen, debe haber unha relación moi fluida entre os socios e a directiva da Club Náutico de Ribadeo, pode haber algunha persoa que estea disconforme co que estou a decir porque non todos imos estar de acordo co que din outros, pero cando algún socio do CNR veu e dixo algunha cousa automáticamente se adoptaron as medidas pertinentes. Ás veces non nos damos conta de todo o que pasa ao noso arredor e ven un socio e díceche mira que estás fallando aquí, e entón o que intentamos é solucionalo. Esta directiva está á disposición dos seus socios”.

A documentación relativa á Asamblea Xeral Ordinaria está desde o pasado venres nas oficinas do Club Náutico de Ribadeo “para que sexa consultada polos socios”.

Exit mobile version