Site icon Crónica3.com A Mariña

Marosa Jazz Project gañou o Premio do Público do I Concurso de Maquetas Musicales Jazz Fussion de España

Nota de prensa:
Marosa Jazz Project , gaña a nivel de toda España o Premio do Público do I Concurso de Maquetas Musicales Jazz Fussion

O cuarteto de latin-jazz burelés Marosa Jazz Project acaba de ser nomeado oficialmente, o gañador do Premio do Público do I Concurso de Maquetas Musicales Jazz Fussion, evento organizado por tendas FNAC e a Fundación Paideia Galiza a nivel estatal.

A maqueta presentada polo grupo musical burelés contiña unha única pista con 3 pezas (MJP, de Israel Arranz; A Night with Pérez Bros., de Israel Arranz; e A Night in Tunisia de Burela, de Dizzy Gillespie e Israel Arranz), resultou ser a máis votada, con bastante diferencia, de entre todo o público:
http://factoria.fnac.es/concursos/concurso_jazz_fusion/marosa-jazz-project

A formación, liderada polo vibrafonista de jazz, Israel Arranz, estará presente nunha rolda de prensa que terá lugar o vindeiro 27 de Xullo ás 12:30 horas no Hotel Oscar Room Mate de Madrid. Compartirán este acto co grupo Mr. Carter, Gañador do Premio do Xurado, e con Rosalía Mera, Nonito Pereiro e co prestixioso director de cine Fernando Trueba.

A agrupación burelesa deu a coñecer a nova no exitoso concerto de clausura do IV SEMINARIO DE JAZZ E MÚSICA MODERNA DE BURELA, evento organizado pola Asociación Pedagóxico-Musical Marosa Jazz, entidade fundada pola propia Marosa Jazz Project para fomentar e achegar o jazz ó público d´A Mariña lucense, especialmente para os máis novos. Asímesmo, o cuarteto quere agradecer encarecidamente todo apoio amosado polo público.
http://factoria.fnac.es/concursos/concurso_jazz_fusion/ganadores

MAROSA JAZZ PROJECT está formado por:

Roberto Bouça, saxo alto
Israel Arranz, vibráfono
Mario Arranz, baixo eléctrico
Eusebio López, batería

Exit mobile version