Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 350 persoas firxeron a súa declaración de renda no Concello de Ribadeo

Nota de prensa

MÁIS DE 350 PERSOAS FIXERON A SÚA DECLARACIÓN DA RENDA NO CONCELLO DURANTE OS PASADOS MESES DE MAIO E XUÑO, SEGUNDO OS DATOS QUE HOXE DEU A COÑECER A CONCELLEIRA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL.

Ribadeo, 5 de xullo de 2011. Máis de 350 persoas fixeron a súa declaración da renda no Concello durante os meses de maio e xuño, segundo os datos facilitados hoxe pola concelleira de Desenvolvemento Loca, Ana Martínez.

A concelleira nacionalista dixo que “a campaña da renda do 2011, promovida polo noso Concello en colaboración coa Delegación de Lugo da Axencia Tributaria, finalizou o mércores pasado cuns resultados excelentes. Durante os meses de maio e xuño, un total de 357 persoas achegáronse ao Concello para beneficiarse deste programa de aproximación dos servicios administrativos ao cidadá. Desa cifra un total de 251 correspondían ao programa Padre e 156 foron borradores, dos que foron modificados 121”.

Ana Martínez lembrou que “os interesados foron atendidos directamente por un técnico da Delegación de Facenda de Lugo en horarios de mañá e tarde, de tal xeito que se poidese compatibilizar cos diferentes horarios laborais e necesidades de cada usuari@, a través do sistema de cita previa, evitando as colas de espera e asegurando o servicio ao momento”. A edil de Desenvolvemento Local contou que “a procedencia dos usuarios na meirande parte foi de Ribadeo. A campaña discurriu con total normalidade, sen incidencia algunha”.

Exit mobile version