Site icon Crónica3.com A Mariña

Noticias porcas

NOTICIAS PORCAS
Hai noticias que non deberían darse nunca, non porque non sexan importantes senón porque producen náuseas, estupor, malestar e rabia. Estes síntomas sufrinos en propia carne ao oír: O BBVA aumentou o seu beneficio nun 9,4% durante o 2.010 con respecto ao 2.009, é dicir uns 4.606 millóns de euros limpos de po e palla. Que?, Como se vos queda o corpo? E se vos digo que o Banco de Santander duplica esta cifra. Imos… E cóntanos esta noticia coma se fose a gran boa nova do ano. Igual que cando comunicaron a vitoria no mundial.

Señores, o sistema de pensións modificado á baixa, redúcense as prestacións, a reforma laboral só é un simulacro de conato de intento, a economía nacional segue en recesión, a corrupción campa ás súas anchas, os investimentos públicos redúcense e a costa de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio e xuño foi unha parede. Como se asume esta noticia senón é como un gancho ao fígado.

Onde están os millóns achegados aos bancos caixas e outras empresas de mal vivir, polo Estado para en teoría proporcionar fontes de financiamento?. Onde están os intereses deses diñeiros públicos?. Señores nese beneficio. Canto medo hai neste goberno á Banca. Esprémennos con comisións, intereses, gastos de mantemento e aínda encima deixámoslles diñeiro para tapar os seus rotos económicos. Así funciona calquera empresa. Iníciase un proxecto por arriscado que sexa e se sae mal, non pasa nada o Estado asume a perda, pero nunca as ganancias de estes pillos.

Diñeiriño fresco para os accionistas que é o que conta. Aos españolitos do montón que os folle un peixe. Non pidas que non che van a dar un euro a non ser que presentes de avalista a un fondo de Dubai. Iso si non te afastes que se lle faltan perricas para contentar aos seus accionistas pediranchas.

Nunha situación como a actual e con ese volume de beneficio deberían ter a vergoña de dispor de parte en favor do ben común e non me refiro ao mero labor social de caridade. Por case o mesmo o Goberno privatizou o 30% de Loterías e apostas do Estado. Servizos públicos andan co justito para funcionar, sanidade, educación, xustiza e sobre todo as prestacións da Seguridade Social e Desemprego.

Quitámoslles os seus buracos e agora témolos todos, o Estado, as autonomías, Concellos. Claro que se o goberno lles pide, daranllo pero con intereses. Miúdos son. Como digo como non teñen vergoña non veremos un xesto de filantropía cara ás necesidades públicas. Aínda que non fose senón utilizar parte deses beneficios en préstamos con intereses simbólicos. Nada, ademais seguro que había gabelas de politiquillos que os acapararían.

En definitiva, que a maior crise máis beneficios financeiros, máis apertar porcas, máis espremernos e non vemos a saída do túnel, nin un mísero brote verde.

Este goberno déixase mangonear por banqueiros e empéñase en producir cada vez máis miseria, agrandar os buracos económicos e fornecer a bancos e caixas de aforro á conta de reducir o noso benestar social, subir impostos e desprenderse do patrimonio público. E os outros xa son os mesmos comen e cagan con os grandes capitalistas e por tanto farán o que eles lles digan, por afinidade e por convencemento En resumen: Estánnola cravando ben. Que Deus nos colla aviados.

Exit mobile version