Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros di que a retirada das demandas da Xunta é o paso previo reactivar a construción

Nota de prensa

ALFONSO FUENTE VALORA DE XEITO MOI POSITIVO A RETIRADA DAS DEMANDAS POR PARTE DA XUNTA CONTRA LICENCIAS URBANÍSTICAS QUE PRESENTARA O ANTERIOR GOBERNO AUTONÓMICO. O REXEDOR DI QUE O SENTIDO COMÚN NUNCA SE DEBEU PERDER.

Barreiros, 27 de xullo de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, valora de xeito moi positivo a retirada das demandas por parte da Xunta contra licencias urbanísticas que presentara o anterior goberno autonómico. Fuente Parga di que o sentido común nunca se debeu perder.

O rexedor sinalou que “a valoración non pode ser doutra maneira máis que positiva. Este acordo que se tomaba o xoves no Consello da Xunta evidentemente é o final deste camiño. Foron dous anos de traballo intenso, como se marcou desde o primeiro día, que era facer estes proxectos sectoriais, firmar ese convenio e os proxectos de urbanización e agora se culmina con este acordo, que é, por así decir, xa o punto de encontro de todas as partes, que é o chegar a este fin”.

Fuente Parga subliñou que “isto, como viñamos mantendo xa desde o primeiro día, é o paso previo para que aparezan xa os investimentos, para que esas construccións se poidan reactivar e se volva crear emprego e, sobre todo, unha seguridade xurídica que nunca se debera ter perdido. A administración autonómica está para axudar e colaborar cos Concellos e non para iniciar vias xudiciais continuamente contra os Concellos. Ao final os Concellos non deixan de ser os veciños de Galicia”.

O alcalde de Barreiros resaltou “o traballo feito polo conselleiro Agustín Hernández, que desde o primeiro momento dixo que eso se ía resolver. Tamén hai que agradecer o traballo da secretaria xeral Encarnación Rivas, que ten adicado moitas horas a este tema de Barreiros. Desde o primeiro día despois do cambio de goberno na Xunta empezouse a ver que é o que se necesita para que esto siga adiante. En definitiva era poñer sentido común, que nunca se debeu perder”.

Alfonso Fuente dixo que “todo irá volvendo pouco a pouco á normalidade, dada a situación económica que está a vivir no país todo foi máis lento, pero tamén é verdade que con estes convenios asinados coa Deputación de Lugo e coa Xunta de Galicia se conseguiron uns investimentos de 14 millóns de euros. Si ben a obra privada de vivenda pode ir máis lenta sí se sacará unha partida importante de obra pública que vai crear eses postos de traballo. Hoxe en día é no primeiro no que hai que incidir e no que hai que traballar. Creo que vai vir un tempo importante”.

Exit mobile version