Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG di que quere denunciar a redución no numero de mestres no Colexio do Valadouro

Nota de prensa

Comunicado de prensa do BNG do Valadouro

O BNG do Valadouro quere denunciar a redución no numero de mestres no Colexio do Valadouro.

Para o próximo curso no Valadouro pretendese reducir unha plaza de mestra, aparte das que xa se reduciron os pasados anos, co agravante de que para os próximos cursos xa se espera unha subida no numero de alumnos. Esta redución de profesorado redundara nunha diminución da calidade do ensino e nunha peor atención para os alumnos.

Con estas medidas a Xunta do PP esta convertendo os veciños do Valadouro en cidadáns de segunda, xa que os servizos que reciben (neste caso a educación) van ser de peor calidade que os que reciben os habitantes doutros concellos.

Para o BNG unha das cousas mais importante é mellorar a educación que reciben os nenos do Valadouro, faremos todo o posible para que a crise non a paguen os nenos.

O BNG presentara unha moción para que o concello do Valadouro se reúna co Conselleiro de Educación e lle solicite que os nenos do Valadouro teñan as mesmas oportunidades que os nenos do resto do concellos, e que non retire mestres do colexio.

Así mesmo o BNG vai presentar unha moción para que se cambie o servizo de catering da gardería por un servizo de cociña propia, aproveitando as instalacións xa existentes.

Exit mobile version