Site icon Crónica3.com A Mariña

O buque “Saltillo” arriba a Ribadeo e Burela para promover o Camiño Norte

Nota de prensa:
O BUQUE ‘SALTILLO’ ARRIBARÁ A RIBADEO A BURELA COMO PARTE DO PLAN DE ACTUACIÓN DA XUNTA DE PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO DO NORTE

Raquel Arias destaca que a viaxe desta embarcación “recupera os tempos nos que os peregrinos chegaban a terras cantábricas polo mar para continuar a peregrinación polo Camiño do Norte ata chegar a capital compostelá”
O proxecto nace da colaboración conxunta entre as comunidades autónomas de Cantabria, Asturias, Galicia e País Vasco buscando a recuperación da peregrinación marítima
Tanto o venres 22 en Ribadeo coma o sábado seguinte en Burela, o público que así o desexe poderá visitar por dentro a o buque

Lugo, 21 de xullo de 2011.- Tras nove días de viaxe pola costa do norte de España, o buque Saltillo botará a áncora este fin de semana na comarca da Mariña. Ribadeo, o venres 22, e Burela o sábado 23, serán as localidades anfitrioas desta embarcación na súa travesía, promovida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, dentro do programa de promoción do Camiño do Norte. En palabras da delegada territorial da Xunta, a chegada do Saltillo supón “unha oportunidade de recuperar e potenciar unha tradición histórica coma é o Camiño do Norte polo mar”.

A travesía do buque naceu dun proxecto común froito da colaboración entre as comunidades autónomas de Cantabria, Asturias, Galicia e Euskadi. O seu percorrido polo norte de España “recupera os tempos nos que os peregrinos chegaban a terras cantábricas en barco para continuar a peregrinación polo Camiño do Norte ata chegar a capital compostelá”, afirmou Raquel Arias.

A primeira das súas paradas na costa de Lugo terá lugar en Ribadeo, onde arribará o venres 22 procedente do porto de Lastres. O día seguinte a goleta trasladarase cara Burela. En cada una das dúas paradas a embarcación estará aberta a todos aqueles e aquelas que desexen coñecer en persoa e por dentro a realidade da vida no mar.

A embarcación conta entre os seus tripulantes con diversos nomes do mundo da cultura, da arte, da música ou do deporte, que participarán nas diversas actividades e actos que están previstos. Nomes coma o de Helena Taberna, directora e guionista navarra; o xornalista Alfredo Amestoy ou o que fora ciclista profesional Peio Ruiz Cabestany, agora metido en tarefas mediáticas.

Un viaxe pola costa norte

O Saltillo chega a costa da Mariña lucense despois dunha travesía de máis de 200 millas. A goleta, de 26,25 metros de eslora, 5,25 de manga e 2,88 de calado, pertence a Escola de Náutica da Universidade do País Vasco. O veleiro partiu o pasado 14 de xullo de Hondarribia. O buque realiza dúas paradas en cada una das comunidades. Bilbao, Santoña, Santander… foron algunhas das cidades que acolleron aos tripulantes durante o percorrido que os trouxo a costa lucense.

Recepción oficial

Ao día seguinte, día 24 de xullo, véspera da festividade do Apóstolo, a expedición trasladarase a Santiago onde será recibida pola directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, quen xunto con persoal especializado desta entidade realizará unha visita pola Catedral de Santiago e o seu entorno.

O grupo asistirá ás 12,00 horas á misa do Peregrino na Catedral e alí o seu portavoz, o xornalista Alfredo Amestoy, fará unha ofrenda e invocación ao Apóstolo na que reivindicará o Camiño do Norte a Santiago. Despois da misa desprazaranse á Cidade da Cultura, onde visitarán o complexo e terán unha comida de confraternidade.

Exit mobile version