Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS inaugurará a tempada 2011-12 coa visita de ElPozo Ciudad de Murcia o 17 de setembro

Nota de prensa

O BURELA FS INAUGURARÁ A SEGUNDA DIVISIÓN COA VISITA DE ELPOZO O 17 DE SETEMBRO

O Burela FS inaugurará a tempada 2011-12 na recentemente nomeada Segunda División coa visita de ElPozo Ciudad de Murcia o 17 de setembro. O calendario, composto por 16 equipos, deuse a coñecer esta mañá na Asemblea Xeral de Clubs da Liga Nacional de Fútbol Sala en Madrid.

Completan a categoría Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, UMA Antequera, FC Barcelona B Alusport, Playas de Castellón, Oxipharma Granada, Hospitalet Belsport, Melilla, Gáldar Gran Canaria, Martorell, Andorra, UPV Maristas Valencia, Fuconsa Jaén, Manzanares FS e Unión África Ceutí.

Nunha época na que a crise económica asfixia o mundo do fútbol sala e na que moitas entidades se ven na obriga de abandonar, a escuadra laranxa aínda terá que facer outro sobreesforzo, con máis de 30.000 quilómetros de peregrinaxe á vista polo Levante, Andalucía e a costa africana. O desprazamento máis próximo para os burelistas será o de Manzanares, a nada máis e nada menos ca 700 quilómetros da comarca mariñá.

Nesta mesma xuntanza, a LNFS decidiu incorporar a Juan José Lopetegui de Triman Navarra, da Primeira División, e a José Luis Sáez, director xeral do CD Burela FS, como novos membros da súa Xunta Directiva.

Exit mobile version