Site icon Crónica3.com A Mariña

O Camino por San Martiño

O CAMINO POR SAN MARTIÑO

Os vindeiros días 9 e 10 do actual, van ter lugar, promovidas pola Asociación de Amigos do Camino Norte, “Abrindo Camiño”, unhas xornadas que, coincidindo coa celebración do ano cunqueiriano, celebrando o centenario do nacemento do ilustre mindoniense, pretenden consolidar a reivindicación que hai algún tempo o colectivo, que ten presencia na Mariña e na Terra Chá, ven facendo, a través de diversas actuacións, e que non é outro que lograr que do Camino oficial, se contemple unha desviación por San Martiño de Mondoñedo.

Non resulta doado comprender que no seu día, quen foron os responsables de diseñar o traxecto a Santiago, ó seu paso pola nosa bisbarra, obviase a presencia de San Martiño. Non vamos a suliñar agora – ¡ témolo feito en ducias de ocasións, dende as mais diversas tribunas!- a importancia do cenobio focego, na historia da igrexa diocesana e universal; nen tampouco, artísticamente, como exemplar único do pre-románico, nen mesmo do seu emplazamento, na ruta a Compostela, por onde pasaron peregrinos que foron atendidos no seu Hospital de San Sebastián, onde algúns finaron, e que en vellas escrituras daquela ex-catedral, figura a relación deles, con expresión de diversos datos, como os das respectivas nacionalidades.

É certo que o Camino de Santiago e vario e que, ó longo do seu percorrido, son distintas as direccións que os camiñantes esculcaron. Xa o decía o histórico mestre de Foz, don Ramón Salgado Toimil: os camiños de Santiago multiplicábanse e, visitado San Martiño, os andariegos que gostasen dos camiños soaves da Mariña e do engado das súas paisaxes de mar e terra, sairían cara a Fazouro para atravesar a ponte vella e seguir a Cobas de Nois, Cervo, Muras, As Pontes, Betanzos e a Santiago. Outros por Oirán, Adelán, e Viloalle irían a Mondoñedo e dalí a Santiago por algunha das alternativas.

En todo caso, San Martiño foi sempre cruce de camiños, función que dende “Abrindo Camino” vamos a seguir reclamando, para o que se fai indispensable dotalo dun albergue.

Suso Fernández

Exit mobile version