Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Ciclista Burela organiza a XVI Rota Cicloturista da Mariña para o 9 de xullo

Nota de prensa:
O Club Ciclista Burela organiza a XVI Rota Cicloturista da Mariña que se celebrará o vindeiro sábado dia 9 de xullo.

Ésta rota figura no calendario da Federación Galega de Ciclismo é puntuable para a Copa de Galicia de cicloturismo e terá un percorrido de 90 kilómetros que recorren os Concellos de Foz , Alfoz, O Valadouro e Burela.

A saída será as 15:30 horas dende o pavillón dos institutos donde estará situada a línea de meta.

Ésta actividade non é de carácter competitivo, será neutralizada nos primeiros 10 km. e despóis a velocidade será libre.

De saída os ciclistas darán unha volta polas rúas de Burela para dirixirse a estrada N-634 con dirección a Foz e unha vez pasado o povo de Foz a Marcha será libre, cada ciclista marcará o ritmo que lle pareza máis axeitado ata o remate da proba no mesmo pavillón dende donde partiron.

Durante o percorrido terán catro portos de bastante dificultade como son : A Rega, As Oiras, Alto de Rúa e como remate o alto do Monte Castelo en Burela, para repoñer forzas averá un avituallamento sólido e líquido na metade do percorrido e un líquido no alto de Rúa.

O remate haberá duchas e unha comida donde se entregarán os trofeos o Club máis numeroso , o Club máis lonxano , o participante máis xoven e o máis veterano asi como un recordo a cada participante .

Os trofeos son donados pola empresa de cerámica Burelarte que leva colaborando co Club dende a súa fundación.

Exit mobile version