Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela organiza un curso de inglés durante o verán para nenos e pais

Nota de prensa:
A CONCELLALÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E TURISMO ORGANIZA DURANTE UN VERÁN UN CURSO DE INGLÉS PARA NENOS E PAIS CO OBXECTIVO DE REPASAR OS SEUS COÑECEMENTOS NESE IDIOMA.

Burela, 6 de xullo de 2011. A Concellalía de Cultura, Educación e Turismo organiza durante o verán un curso de inglés para nenos e pais co obxectivo de reactivar e/ou repasar os seus coñecementos nese idioma.

Kids english zone está dirixido a rapaces de 12 a 16 anos e Parents english zona ten coma destinatarios aos pais e ás nais. Segundo explica a edil Mónica Pedre, “para poder participar nesta actividades as persoas interesadas deben inscribirse na Casa do Concello, na Biblioteca Pública Municipal o una Casa da Xuventude entre os días 8 e 19 de xullo”.

A concelleira de Educación salienta que “esta actividade será gratuita e vai ser impartida por unha persoa licenciada en filoloxía inglesa nas instalacións do CEIP Vista Alegre en horario de mañá”. Os que desexen obter máis información poden poñerse en contacto coas oficinas de información no teléfono 982 58 06 09 ou acudir en persoa á Casa do Concello.

Exit mobile version