Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo pide a continuidade do plan Lugo Emprega

NOTA DE PRENSA

O GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL SOLICÍTALLE Á DEPUTACIÓN A CONTINUIDADE DO SEU PLAN DE FOMENTO DO EMPREGO

A a súa petición baséase na necesidade de darlle continuidade ao traballo iniciado en marzo pasado
Desgraciadamente dende aquela data ata hoxe o contexto económico e laboral non ten mellorado

Cervo, 23 de xullo de 2010.- A comisión de Goberno do Concello de Cervo adoptou no día de onte o acordo de dirixirse á Deputación Provincial para solicitar de este organismo provincial a continuidade do plan “Lugo Emprega”, posto en marcha pola administración lucense no primeiro trimestre do presente ano 2011.

Segundo indicaron os integrantes do Goberno local cervense, a súa petición baséase na necesidade de darlle continuidade ao traballo iniciado en marzo pasado. Desgraciadamente dende aquela data ata hoxe o contexto económico e laboral non ten mellorado “e pensamos que os postulados esgrimidos polos responsables da Deputación para poñer en marcha este plan (reducir o paro na provincia e estimular a cooperación cos concellos) están aínda vixentes. Por iso, onte mesmo remitimos unha copia do acordo ao Presidente da Deputación solicitándolle a prórroga deste plan e a continuidade dos postos de traballo”.

Por último, os responsables locais amosáronse confiados da boa acollida desta petición por parte dos dirixentes provinciais, “porque segundo as súas propias declaracións, os responsables da Deputación están sensibilizados con este problema e non poden negar que é igual de necesario apoiar o fomento do emprego hoxe en día coma o era en marzo. Do contrario, e se non prolongan este plan ou poñen en marcha outro semellante, estarían dándolle á opinión pública unha escusa para que a xente pensara que só crearon este plan de emprego como arma política en vésperas dunhas eleccións municipais” indicaron.

Exit mobile version