Site icon Crónica3.com A Mariña

O conselleiro de Educación visitou onte Mondoñedo, convidado polo PP local

Nota de prensa

O conselleiro de Educación visitou onte Mondoñedo, convidado polo PP local

• Vázquez Abad, participou nunha xornada cos alumnos do CURSO INTERNACIONAL DE MUSICOTERAPIA, organizado por AIMPNE
• A portavoz local Elena Candia, xunto co resto de concellais, e o equipo directivo, fíxolle entrega das necesidades que presenta o Centro educativo CEIP Alvaro Cunqueiro,

Mondoñedo, 23 de xullo de 2011.- O Conselleiro de Educación, Jesús Vazquez Abad, desprazouse na tarde de onte a Mondoñedo, para coñecer de primeira man as actividades que o Curso Internacional de Musica e Musicoterapia celebra nesta cidade.
Durante esta visita, o Pp local, quixo manifestarlle o apoio absoluto as necesidades que presenta o Centro educativo, necesidades consensuadas por parte da AMPA E DO EQUIPO DIRECTIVO DO CENTRO, enviadas previamente a educación por estas entidades.
Jesús Vazquez Abad, calificou a actividade visitada como UN CURSO ÚNICO, e resaltou a sua labor de integración, de nenos e nenas con necesidades especiais sensoriais e mestres de recoñecido prestixio musical a nivel internacional. O titular de Educación tamén recalcou a importancia que supón esta actividade para a cidade de Mondoñedo.

Pola súa Banda a Portavoz do Pp Local e Deputada Provincial Elena Candia, agradeceu a visita e o interés demostrado por parte do Conselleiro.
Candia quería demostrar a relevancia desta actividade para Mondoñedo, e califica de “auténtico privilexio” contar con entidades que organicen eventos desta dimensión internacional, principalmente por dous aspectos: 1. a divulgación mundial que ten a nosa cidade, e 2. a riqueza que xenera nesta semana para a hostelería, transportes, comercio….etc
Do mesmo xeito, Candia e os seus compañeiros, aproveitaron para transmitirlle o apoio as solicitudes realizadas no seu momento polo equipo directivo do Centro e pola recén creada Ampa, en relación con intervencións a realizar nas instalacións, destacando especialmente o compromiso para rematar a pista cuberta no colexio.
A portavoz local quería tamén que visitara a actividade de Campamento de Verán que a Asociación de Pais e Nais de Mondoñedo realiza, pero foi imposible por atoparse desprazados realizando actividades nun concello limitrofe, ainda así manifestoulle a importancia deste organismo ó cal felicita e lle reitera a súa dispoñibilidade.

Exit mobile version