Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Burela modificará a ordenanza municipal de licencia de apertura de establecementos

Nota de prensa

O GOBERNO BURELÉS REBAIXA NUN TRINTA E TRES POR CENTO A LICENCIA DE APERTURA PARA CERTOS ESTABLECEMENTOS. O ALCALDE, JOSÉ Mª GONZÁLEZ BARCIA, ASEGURA QUE “O PP COMEZA A CUMPRIR OS SEUS COMPROMISOS ELECTORAL”.

Burela, 26 de xullo de 2011. O equipo de goberno que preside José María González Barcia someterá a aprobación por parte do pleno municipal, na sesión que se celebrará o vindeiro xoves, día 28 de xullo, a supresión da actual ordenanza municipal de licencia de apertura de establecementos e a aprobación dun novo texto que se adapte á normativa legal vixente.

Os populares aproveitan esta nova ordenanza para baixar considerablemente, hasta un trinta e tres por cento, o importe das taxas a pagar por aqueles establecementos de ata douscentos metros cadrados que están libres dos trámites de declaración de actividade molesta, establecementos que veñen sendo a maioría dos que se abren en Burela. “Deste xeito, pasarán a pagar 200 euros en vez dos 308 euros que se viñan pagando ata este momento. Incluso para locais con superficie entre douscentos un metros cadrados e cincocentos, a taxa redúcese, ao quedar en 300 euros”, explican desde o equipo de goberno burelés.

Ademais, a totalidade dos establecementos que non están suxeitos á declaración de actividade molesta verán reducidos considerablemente os trámites para abrir un establecemento.

Deste xeito, “o PP comeza a cumprir os seus compromisos electorais: nós indicamos que íamos reducir os custos da apertura de establecementos, e ímolo facer”, afirmou o alcalde, José María González Barcia. O rexedor indicou que “esta rebaixa vai significar unha axuda para os autónomos que deciden abrir un establecemento; somos conscientes de que calquera axuda que se preste cando se abre local é sempre ben recibida”.

Noutro orde de cousas, o pleno burelés aprobará a creación de dous ficheiros con datos persoais, un referido á bolsa de emprego e outro á educación medioambiental, sempre en función da Lei Orgánica de Protección de Datos.

A orde do día do pleno tamén inclúe dous puntos vencellados á área económica do Concello: a aprobación da conta xeral dos presupostos municipais do ano 2010 e o estado de execución do presuposto municipal do presente ano a 27 de xuño pasado.

Gasoducto da Mariña

O Concello de Burela conta cun ejemplar en soporte informático do proxecto de gasoducto da Mariña Lucense, que actualmente se atopa exposto ao público. As persoas interesadas poden consultar dito proxecto nas dependencias municipais do Concello burelés en horario de 08:00 a 14:00 horas

Exit mobile version