Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno municipal de Burela nega a existencia de irregularidades na selección dun socorrista

Nota de prensa

O GOBERNO MUNICIPAL NEGA A EXISTENCIA DE IRREGULARIDADES NA SELECCIÓN DUN SOCORRISTA, DENUNCIADAS HAI UNS DÍAS DESDE O BNG. OS POPULARES ASEGURAN QUE O PROCESO E AS BASAS EMPREGADAS FORON AS ELABORADAS POLO BIPARTITO.

Burela, 23 de xullo de 2011. O goberno municipal de Burela nega a existencia de irregularidades na selección dun socorrista, denunciadas hai uns días desde o BNG. E aseguran que o proceso e as bases empregadas foron as elaboradas polo bipartito.

Desde o goberno local popular aseguran que “o proceso inicióuse coa convocatoria efectuada polo bipartito diante do INEM, que envía a 9 persoas para cubrir as 10 prazas de socorristas integradas no plan de cooperación da Xunta co Concello para o fomento de emprego. Cubríronse os nove postos e quedou un vacante”. O equipo de goberno apunta que “xa con nós no Concello formúlase unha nova convocatoria ao INEM nos mesmos términos e condicións que a efectuada polo bipartito. Entón mándannos a 6 persoas, 3 xa non se presentan porque están a traballar e as outras 3 van á entrevista e só unha persoa a supera, que é a seleccionada para o posto. Todos os que se presentaron cumprían coa titulación esixida”. E engaden que “de haber algunha deficiencia na documentación presentada polas seis persoas que acudiron a esta segunda convocatoria sería na dun aspirante que non é seleccionado”.

No equipo de goberno referíronse tamén á proba práctica de dita selección, “Neves Cando descoñecía as bases que eles mesmos fixeron, porque a proba práctica era opcional, era a decisión do tribunal, que optou por non realizala ao haber só unha persoa que superou a entrevista”. Ao goberno municipal de Burela chócalle que “cando Neves Cando oe campás pense que soa música celestial, non é normal que toque de oidas cando se lle presupón un certo grao de coñecemento deste asunto”. E explican que “unha persoa pediu o acceso ás actas, está en todo o seu dereito de facelo, pero resulta sorprendente que teña solicitado tamén as bases, algo que debería ter feito ao presentarse ás probas de selección. Esa persoa ten copia de todo, aquí non hai nin trampa nin cartón”.

O grupo municipal popular considera que “Neves Cando debería acudir ao Concello para informarse da situación, porque non foi ver ningunha documentación” e pídelle “rigor á hora de pronunciarse sobre temas coma éste. Si empeza así váise queimar moi pronto, imaximos que terá cousas máis importantes que decir”. E reiteran que “o proceso seguido para cubrir ese posto de socorrista foi o mesmo que o realizado na primeira selección, que deixara listo o bipartito e foi o que se empregou para unha terceira selección con fondos propios do Concello”.

Exit mobile version