Site icon Crónica3.com A Mariña

O Hospital da Costa continúa á cabeceira nas listas de espera cirúrxica dos hospitais públicos galegos, asegura o BNG

Nota de prensa

O Hospital da Costa continúa á cabeceira nas listas de espera cirúrxica dos hospitais públicos galegos aínda producíndose unha redución con respecto ao trimestre pasado

Segue á cabeza nos hospitais públicos en listas de espera cirúrxica nas especialidades de oftalmoloxía e traumatoloxía

Estúa pide á dirección do Hospital que modere o seu optimismo xa que mariñas e mariñaos seguen sendo os que mais esperan para ser atendidos polo sistema de saúde público

A Mariña, 22 de xullo de 2011. O BNG analizou os resultados do balance sobre as listas de espera estruturais do 2º trimestre de 2011 publicado polo SERGAS, aínda recoñecendo unha mellora con respecto aos resultados do anterior trimestre onde o Hospital da Costa encabezada os promedios de espera no hospitais públicos galegos, á vista dos datos publicados, o hospital mariñao segue na cabeceira das listas de espera cirúrxica só superado polo CHUVI E CHUS exceptuando a POVISA que non forma parte da rede galega aínda que é un hospital concertado. O Hospital da Costa continúa á cabeza nas esperas cirúrxicas de traumatoloxía con un promedio de 80,8 días de espera que só supera o CHUAC con 84,3 días e encabeza as esperas na especialidade de oftalmoloxía con 79,1 días de toda a rede pública galega. Os nacionalistas piden á dirección do Hospital da costa que modere o seu optimismo e lembran que ás listas de espera estruturais hai que sumar as non estruturais e segue sen contestación o que está a suceder co Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital con milleiros de pacientes agardando por reultados de biópsias e citoloxías.

O BNG pide á dirección do Hospital da Costa que modere o seu optimismo xa que as listas de espera estruturais non reflicten toda a realidade.

O Vice- Portavoz Comarcal do BNG, Xoán Antón Estúa, recoñeceu unha mellora nos datos das listas de espera estruturais publicados polo SERGAS para o segundo trimestre do ano, aínda así pediu á dirección do Hospital da Costa que modere o seu optimismo valorativo, “nin somos os mellor atendidos, nin vamos camiño de selo”. Para os nacionalistas, á vista dos datos publicados, efectivamente hai unha mellora en relación aos datos en relación a primeiras consultas pero seguimos sendo punteiros nas esperas cirúrxicas, só superados polos Complexos Hospitalarios de Vigo e Compostela. Estúa matizou que as listas de espera cirúrxicas non recollen a realidade xeral do funcionamento do sistema e lembrou que sigue habendo milleiros de persoas que agardan polos seus resultados de biópsias e citoloxías polo colapso do servizo e a falla de persoal para atendelo, neste caso o nacionalista lembrou que seguen sen contestar as preguntas presentadas no Parlamento en relación a este asunto que a propia dirección do SERGAS recoñeceu preocupante.

Seguimos estando á cabeza do sistema público en cirurxía oftalmolóxica e traumatoloxía

Estúa fixo fincapé na situación das esperas nos servizos cirúrxicas da especialidade de oftalmoloxía, onde seguimos á cabeza de toda a rede pública con 79.1 días e en traumatoloxía, con 80.8 días onde so nos superan as esperas medias do Complexo Hospitalario de Compostela con 84,3 días.

Exit mobile version