Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP congratúlase de que se solucione o enlace da A-8 en Lourenzá

Nota de prensa:

A deputada popular Emma Álvarez Chao recorda a iniciativa aprobada por unanimidade no Parlamento na que se solicitaba unha solución inmediata para a conexión coa N-634 dada a alta peligrosidade do enlace provisional

O PPDEG SE CONGRATULA DE QUE POR FIN SE SOLUCIONE O ENLACE DA A-8 COA N-634 EN LOURENZÁ E PIDE QUE SE MANTEÑA O ENLACE COA LU-153 PARA DARLLE SERVIZO AOS CONCELLOS DE ALFOZ, MONDOÑEDO E VALADOURO

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2011.- A deputada do PPdeG Emma Álvarez Chao congratulouse de que por fin sexa solucionado o enlace da A-8 coa N-634 en Lourenzá e pide que se manteña o enlace coa LU-153, no quilómetro 581 para darlle servizo aos concellos de Alfoz, Mondoñedo e Valadouro, tal e como pedía a deputada no seo da Comisión 2ª, no Parlamento de Galicia e se aprobou por unanimidade, polos tres grupos da Cámara.

A deputada popular recorda que nesa mesma iniciativa se lle esixía a Fomento unha solución do enlace da Autovía coa N-634, pola perda de tempo que supoñía para os que por alí circulaban e os problemas viarios que producía, sobre todo, aos vehículos pesados.

“Aínda que chega tarde e despois dunha chapuza feita para inaugurar as obras ante a proximidade das eleccións, xa que se fixo de forma incompleta e tardía, ocupando unha estrada de titularidade autonómica e sen respecto a normativa sobre as instalacións provisionais, alegrámonos da substitución do enlace por un novo acceso dada a peligrosidade e a perda de tempo que supoñía” indicou a deputada popular.

A deputada popular tamén significa que esto non deixa de ser unha “solución provisional” e que o que os veciños esperan é que se lle dea solución definitiva a estas deficiencias. Unha solución que só viría co remate definitivo dos tramos pendentes da autovía do Cantábrico, que levan anos en execución, sufriron diversas reformas no seu proxecto e foron afectados de pleno polos recortes orzamentarios de Fomento, permanecendo meses sen ningún tipo de obra ou actividade.

Exit mobile version