Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lourenzá comunica que o concello aprobou os orzamentos do 2011

Nota de prensa:
Grupo municipal Partido Popular

Tamén se aprobou a conta xeral correspondinte ao exercicio 2010.

O PLENO LAURENTINO APROBA OS PRESUPOSTOS PARA O 2011 COS VOTOS A FAVOR DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR

O presuposto para este ano 2011 ascende preto de 2 millóns de €

Sale adiante a proposta da Alcaldía para regular o tráfico nas rúas Fernández del Riego e Paseo de Oya cos votos a favor do PSOE e do PP

Lourenzá, 26 de xullo do 2011.- No Pleno celebrado no día de hoxe no Concello de Lourenzá aprobáronse os presupostos municipais para o presente exercicio que ascenden a 1.975.000 €. O motivo de non se teren aprobado con aterioridade corresponde ao criterio do Grupo de Goberno da anterior Lexislatura de non deixarllos aprobados a nova corporación que saldría elexida o pasado 22 de maio.

Destacar destes orzamentos o capítulo de inversións que ascende a 384.402 € e que comprende obras como o aforro enerxético no alumeado público, a adecución do paseo da marxe do Río Baos, a remodelación das naves do Mercado Gandeiro, así como o saneamento dos núcleos de Santo Tomé e San Adriano.

Neste orzamento destínanse ao redor de 100.000 € para atender a conservación e mantemento dos viais municipais, a maiores das obras que se están a realizar para este fin con cargo ao orzamento do 2010 e que se corresponden con un préstamo solicitado a finais de ano, a maior parte del para este fin e que ascende a 210.000 €.

Tamén se destinan ao redor de 200.000 € para asuntos sociais, destacando que este Concello ten atendidas todas as solicitudes de dependencia formuladas a día de hoxe a través da axuda a domicilio concedida.

Saíu adiante a proposta da Alcaldía sobre a adopción do acordo de rextrinxir o aparcamento nas Rúas Fernández del Riego e Paseo de Oya a unha das súas marxes cos votos a favor do PP e do PSOE. Esta decisión ven motivada polas dificultades que supón para os vehículos os tránsito por estas rúas ao haber vehículos estacionados aos dous márxenes. En ámbalas dúas rúas hai habilitados dende fai uns meses aparcadoiros municipais polo que estimamos que non se terá por que ver afectado o estacionamento.

Por último o BNG desaproveita a oportunidade de instar a Excm. Deputación de Lugo a colaborar co Concello de Lourenzá no mantemento e mellora das vías municipais posto que dende que mudou o goberno no 2007 non firmaron ningún tipo de convenio de colaboración có noso Concello para o mantemento das pistas municipais inclusive non nos deixaron as máquinas, logo de pedilas, que o anterior goberno deixaba cada ano colaborando así a facer este servizo. Tampouco se pronunciou o Pleno sobre instar ao Ente Provincial a reparar de xeito inmediato e urxente o badén do camiño A que une San Xorxe con San Adriano da súa titularidade.

Recordamos que o BNG pedía a elaboración dun plan xeral de recuperación e mantemento das vías municipais, plan xa existente no Concello, motivo polo cal o grupo municipal do PP non puido aceptar a súa reivindicación.

Exit mobile version