Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo non contou co apoio do BNG e PSOE para crear unha comisión

Nota de prensa

Os populares lamentan que que BNG E PSOE VOTASEN EN CONTRA da creacion da comision de PARTICIPACION CIDADANA
O NON APROBACION DA MOCION DO PP SUPON NEGAR A PARTICIPACION NOS ASUNTOS PUBLICOS AS ENTIDADES VECIÑAIS

E inexplicable non apoiar un instrumento de participación cidadán, máxime cando as asociacións están sendo os pilares da programación cultural, social, deportiva.. na nosa localidade

Mondoñedo, 28 de xullo de 2011.- Lonxe de ser coherente cos principios dos que alardean o BNG Psoe de democracia participativa, decidiron rexeitar a Moción plantexada por parte do Pp popular que so queria garantin dereitos dos cidadans.

Continuando coa vontade de cumprir os compromisos electorais adquiridos polo Pp, o grupo local quixo articular a fórmula precisa para que as Asociacións existentes no Concello de Mondoñedo poidesen participar máis activamente na actividade local, especialmente tendo a posibilidade de participar activamente na toma de decisións, e formalizar os instrumentos precisos para canalizar as suas propostas e suxerencias.

Non se explica un respaldo a esta iniciativa, máxime cando se trata dun suposto goberno “ de esquerdas” que limita ou obstaculiza o desenrolo dunha participación democrática.

O PP local, quere agradecer o respaldo e apoio de multitude de Asociacións, así como o traballo desenrolado por elas, insustitible, e sen ser recompensado.

Exit mobile version