Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lamenta que o goberno provincial lle rexeitara uhna moción sobre financianción

Nota de prensa

O GPPP lamenta que a Deputación non defenda os intereses dos lucenses ante o goberno do Estado

Os populares criticaron que PSOE e BNG rexeitaran hoxe no pleno provincial instar ó executivo central a chegar a un acordo no seo do Consello de Política Fiscal e Financieira para poñer fin á débeda con Galicia de 805 millóns de euros derivada dos incumprimentos no sistema de financiación autonómica

Lugo, a 26 de xullo de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular lamentou que o equipo de goberno da Deputación se negaran a requerir ó Goberno estatal a que cumpra as obrigas contraídas con Galicia no que ó sistema de financiación autonómica se refire. Socialistas e nacionalistas deron así as costas ós intereses dos lucenses que tamén se verán perxudicados pola merma de fondos que sufrirá Galicia derivada deste incumprimento por parte do Goberno central.

Os populares entenden que a negativa do equipo de goberno provincial a aprobar a moción presentada neste eido no pleno celebrado hoxe supón respaldar a pretensión do executivo central de trasladar o défitit estatal ás Comunidade Autónomas. Penalizando ademais de xeito especial precisamente a aquelas, como é o caso de Galicia, que máis se aplicaron en loitar por acadar a sostenibilidade das contas públicas. Galicia foi, de feito, xunto con Madrid, a única CCAA que en 2009 e 2010 cumpriu os obxectivos de déficit fixados e mesmo a primeira en aprobar unha lei que limita o teito de gasto.

Os lucenses, como o resto dos galegos, veranse perxudicados polo feito de que a Xunta teña que revisar á baixa os orzamentos previstos para este ano por non facerse efectivas as transferencias previstas a conta dos Fondos de Cooperación, como é a pretensión do goberno de Zapatero.

Exit mobile version