Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela anuncia unha situación de risco e un fallo no aforro enerxético

Nota de prensa

AFORRO ENERXÉTICO DO PP DE BURELA

Dende o grupo municipal socialista de Burela denunciamos públicamente que dende fai mais dun mes, tras un aparatoso accidente de tráfico, está sen servizo un semáforo  de peóns, poñendo en perigro a seguridade viaria dos cidadans de Burela. Este semáforo está situado nunha das arterias principais, a Av. de Arcadio Pardiñas, rúa pola que pasa todos os días o Sr Alcalde Gonzalez Barcia cando baixa para o concello a traballar. Mais debe ser que só mira de frente cando o fai, ou ao mellor é que vai pensando só no fin de mes, ou seguramente será culpa do anterior alcalde, principio de todos os males que acechan Buela. Nós, non queremos pensar mal, e parécenos que o fai por aforro enerxético.

Exit mobile version