Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz di sentirse decepcionado polo alcalde “que non sae do bunker”

Nota de prensa.

O Portavoz do PSdG-PSOE de Foz e Ex-Alcalde, José Maria García Rivera, manifesta que o único oculto que existe no Concello é a persoa do Alcalde que non sae do Bunker.

Rivera manifesta sentirse decepcionado polo Sr.Castiñeira que, malintencionadamente, di que existen contas ocultas no Concello de Foz, e por suposto culpando tamen o Interventor, debido a que a súa persoa, pediu un informe a Intervención a fecha, 15-4-2011,onde se informaba, moi claramente, por Intervención que as débedas recoñecidas con provedores eran de 1.532.394,04 Euros, agora di o Sr.Castiñeira que existen preto de 2 millóns de Euros, pois pode ser perfectamente debido a que entrou mais facturación no Concello desde a fecha deste informe, cal e o problema? O Sr.Alcalde sabe perfectamente que o anterior Goberno non cobrou ningún imposto e vostede vai a cobrar preto de 7,5 Millóns entre impostos, taxas e transferencias.

Preguntase Rivera si o Alcalde se entera de algo, e polo exposto, que diga onde está a ocultación das contas cando existen informes firmados polos Técnicos.

Que é de risa dicir que o anterior goberno non pagou a provedores neste ano 2011, e recoméndalle ao Sr Castiñeira que pregunte a tesourería e que lle dean informe do pagado.

Di vostede que quedaron facturas atrasadas sen pagar aos provedores, por suposto, e todo por culpa do PP, que non quería aprobar as facturas extraxudiciais que foron a pleno varias veces, ata que se abstiveron,claro, e logo entran na contabilidade a cola.¿Acórdanse?.

Fixese enviamos a prensa todo a contabilidade económica xerada polos nosos Gobernos durante 16 Anos, e cando collemos o Goberno no ano 1995, estaba moitísimo peor que cando o colle vostede agora e iso que fixeran balance a 31-12-1994 e nos rendemos balance a 15-4-2011.

Por último Sr.Castiñeira póñase a traballar e xa veremos como deixa o Concello vostede no ano 2015, si chega aló o seu mandato, cousa que dubidamos moitísimo.

O PSdG-PSOE, nunca fixo mal uso dos fondos municipais e sempre mirou correctamente polo gasto.

Exit mobile version