Site icon Crónica3.com A Mariña

Os servizos de Cultura da Deputación presentaron o libro “A Mariña 43º norte” de Xulio Villarino

Noa de prensa

ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DO LIBRO “A MARIÑA 43º NORTE” DE XULIO VILLARINO

O libro, editado polos servizo de publicacións da Área de Cultura da Deputación, recolle un intenso traballo fotográfico que ofrece unha visión particular da Mariña

SAN CIBRAO, 29 de xullo de 2011. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta tarde no Museo do Mar de San Cibrao, xunto ao propio autor, na presentación do libro do fotógrafo mariñao, Xulio Villarino, que recolle un intenso traballo fotográfico da Mariña lucense, e nel podemos atopar unha visión diferente e moi persoal da Mariña, onde nos atopamos coa memoria colectiva dos mariñaos. Como di Manuel Lourenzo “A responsabilidade desta estraña idea é das fotografías áreas que Xulio Villarino fixo para este libro. Unha Mariña doce e bronca, dunal, recortada e dentada, harmoniosa e salvaxe ou doída até os cadrís de tixolo e cemento”.

Este libro, que presenta unha edición moi coidada e na que destaca a alta calidade de cor para destacar a expresividade das fotografías que o compoñen, saíu do prelo grazas ao financiamento da Área de Cultura da Deputación de Lugo e ao traballo que realizou o Servizo de Publicacións que depende dese mesmo departamento.

Xulio Villarino, natural de Fazouro, é un fotógrafo de formación autodidacta que desde moi novo se forxou no fotoxornalismo a través da súa colaboración para medios impresos, traballando máis tarde como freelance para diversos medios de comunicación. Ao longo da súa carreira obtivo diferentes premios, como o Luis Ksado en 1998; Fuji Europress Photo Awards na fase española en 1999 e mención de honor na fase europea o mesmo ano; Finalista Injuve en 1999; Finalista Luis Valtueña en 2000 e 2001; Premio Ortega y Gasset 2000; Premio Fuji categoría Viaxes 2002 e Noticias 2003; Finalista Reve!a 2006.

Exit mobile version