Site icon Crónica3.com A Mariña

Xinetes do Valadouro participaron no V Campionato Galego de Andadura en Xunzo de Limia

Nota de prensa:
Os xinetes do Valadouro desprazáronse a V proba do Campionato Galego de Andadura organizado pola Federación Hípica Galega, nesta proba que se celebrou o pasado sábado 9 no Hipódromo de Antela en Xinzo de Limia provincia de Ourense coincidindo cos II Xogos Ecuestres de Galicia.

Onde APREVAL, se reuniu con Don Carlos Domínguez Álvarez presidente da Federación Hípica Galega e Don Joaquin González Troncoso Vocal de Andadura e disciplinas diversas, para cerrar o programa de actividades que se celebraran en Equiouro 2011, queremos dar as grazas pola colaboración obtida por parte de Carlos e Joaquin.

Dende APREVAL seguimos animando e agradecendo a colaboración e comportamento dos xinetes do Valadouro, xa que nesta saída percorreron un total de 600 km para demostrar que Os Cabalos de Andadura do Valadouro están entre os mellores de todo Galicia, xa que os seguintes resultados o demostran:

-Modalidade de Trontóns en Andadura:

1º Víctor Fernández co exemplar Kliford (25 puntos)

2º Miguel González con exemplar Capricho (24 puntos)

4ºAdrián Sixto co exemplar Shakira (22 puntos)

5º Alejandro Rouco co exemplar Princesa (21 puntos)

6º Miguel González con exemplar Fenómeno (20 puntos)

7º Rubén García co exemplar Flavia (19 puntos)

-Modalidade de Cruzados Catro Tempos:

5º Alejandro Rouco co exemplar Alén (21 puntos)

Exit mobile version