Site icon Crónica3.com A Mariña

Papá Estado xa non faría Alúmina-Aluminio hoxe

PAPA ESTADO XA NON FARIA ALUMINA-ALUMINIO HOXE

Os Politólogos sosteñen que moitos falan de fútbol porque non saben falar de política. Nestas terras do norte Ibérico, é moi certo e a pouco que se amplíe o concepto, o argumento pode aplicarse a todo Occidente, onde unha parte importante da sociedade inxire gustosa o narcótico estético dunha vida pública que se quere reducir aos pormenores dunha vida real, ou ao concerto que a administración pública ofrece a prezo de saldo á conta de restarlle a outras partidas.

Agora sabemos que gregos, irlandeses, portugueses e islandeses miraron para outro lado mentres os seus gobernos malgastaban cunha man e privatizaban os servizos esenciais ou recortaban prestacións sociais coa outra. Fieis á nosa tradición, copiamos os mesmos vicios. Segundo o BCE, España gastou 50.000 millóns de euros máis do que tiña entre 1999 e 2009, coincidindo coa época na que se nos aseguraba que unha cidade, vila ou barrio non era europea de verdade se non tiña un auditorio, unha orquestra sinfónica e un gran museo. O prezo consistiu en desmantelar a educación, a sanidade, a xustiza e a convivencia co aplauso dunha maioría que espetaba aos escasos opositores: «É o progreso, idiota».

Pedimos todos como en Fuenteovejuna, que Zapatero nos dea traballo, nos pague a hipoteca e demais tralalas, pero deixamos e aplaudimos que o goberno do estado vendera ou regalara empresas, bancos, e todo aquelo que alguén pagaría por iso, e como sempre como bos e xenerosos “paletos” sendo mais papistas que o papa, pois nin Alemaña, nin Francia e menos Italia deixaron a súa participación estatal nas grandes empresas. Pero. Como vai dar traballo o goberno das Españas?

Como resume pense ¿Cree vostede, mariñán de a pé, que agora se construiría o complexo industrial de alumina-aluminio en San Cibrao -Xove por parte de Alcoa? A resposta todos as sabemos faríano en África en onde teñen a materia prima e soldos de miseria, foi “Papa estado” quen con os nosos impostos construíu esa factoría, hoxe non se fai nada similar, e Alcoa, o día que eso caduque ou non seña rentable pechará e tirará as chaves ao mar dos Farellóns, total case lla regalaron.

En dramático contraste, miles de persoas en Siria, Tunisia, Exipto e Libia, saen á rúa a pesar da ameaza certa de morrer por unha bala do seu propio goberno. Aspiran a unha democracia e, polo que se ve, os modelos europeos en vigor non lles valen. Tal vez sexan eles, quen nolo ía a dicir, os que veñan amosarnos que a vella Europa, berce do dereito e a política, é hoxe pouco máis que un parque de atraccións.

Otero Regal

Exit mobile version