Site icon Crónica3.com A Mariña

Pecharon a exposición “A Escola Náutico Pesqueira de Foz” cunha mesa redonda

Nota de prensa

O pasado venres día 15 de xullo, no CENIMA de Foz, demos por concluída a exposición “A Escola Náutico Pesqueira de Foz” cunha mesa redonda presidida polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e na que puidemos escoitar as verbas de Suso Fernández, Cronista Oficial de Foz, e de Dna. Pepita Pedreira de Beltrán, viúva de D. José María Beltrán Veiga, o alcalde de Foz que fixo posible a Escola Náutico Pesqueira, e responsable máximo da mesma durante os dez anos que desenvolveu a súa actividade. Asimesmo, contamos coa presenza de Maite López Rego, concelleira de Facenda, Turismo, Comercio, Emprego e Medio Ambiente. Ó acto asistiron unhas corenta persoas. Para finalizar, realizouse unha visita guiada pola exposición co propósito de poñer de relevanza novamente o traballo do arquivo municipal, así como a necesidade de manter viva a memoria histórica do concello e creando conciencia da necesidade de salvagardar o patrimonio inmaterial, de crear identidade, facendo partícipe desta labor á xente do pobo.

Exit mobile version