Site icon Crónica3.com A Mariña

Penoso o PSOE de Foz

O que aconteceu o outro día na Asemblea do Psoe de Foz, da tristeza e desilusión. Unha Asemblea de pouco máis de 20 persoas, cambios na executiva que pouco van cambiar na súa dirección, e un tema monográfico: toda a culpa é de Xaime Cancio.

Penoso, nin unha pizca de autocrítica. José Mª García Rivera, na súa teima e odios persoais está acabando co Psoe de Foz. Todo o fixo ben, toda a culpa é dos demais, e prefire o afundimento do partido antes que recoñecer que se equivocou e con el, unha executiva local sen principios nin ideas que so falan pola boca do xefe e sen personalidade propia. Así vai a rexurdir o Psoe de Foz?. O mellor é que interesa unha executiva débil para poder manexala mellor.

Algúns históricos do partido, comentan que non queren saber nada de toda esa atmosfera de ruindade, rencillas persoais, falta de compromiso e ante todo moita desilusión.

Entón, estase a facer todo tan ben, Pepito?

Un afiliado.

Exit mobile version