Site icon Crónica3.com A Mariña

Perigo, perigo

Perigo, perigo
Representantes da Xunta e da Mancomunidade da Mariña reuníronse en Foz para tratar de turismo. Perigo, perigo. É digo perigo perigo porque os representantes da Xunta, muxidores dun Plan de Competitividade Turística, non teñen nin idea de que vai isto da Mariña. Tamén, digo perigo perigo porque o invento ese da Mancomunidade da Mariña non existe. É un ente putrefacto, abortado durante o propio coito. Moito non se pode esperar de ambos.

Non vou comentar o novo investimento anunciado por Turismo para adicalo a “temas sobre promoción do turismo”, “rutas da artesanía da Mariña”, “deseño doutro paquete sobre “mística e maxia na mariña” e outras chuminadas que se lle ocorreron nun intre cuasi lucido a quen redactou o texto.

Estes, os da Xunta e os da Mancomunidade, descoñecen onde están e a que deben dedicarse. Non saben que fora de aquí naide coñece A Mariña, nin saben que existe a costa de Lugo e menos a costa lucense, naide sabe que isto son as Rías Altas.

Confunden todo, mesturan, e conseguen unha gaivota pepera cun slogan que reza “maxica por naruraleza” e esperan. Similar aos máis de 20 anos que alguns e algunhas levan de paseo por Fitur e outros lares, os miles de euros que levan tirados en pseudo folletos promocionais, en penosas e esperpenticas paxinas web e en pseudo iniciativas coas que esta amplia banda non conseguiu nin ubicar no mapa a costa de Lugo, nin transmitir que isto existe. Mentres tranto pasarono ben.
Perigo, perigo ou mellor asi?

Xosé Rego

Exit mobile version