Site icon Crónica3.com A Mariña

Usuarios do servizo de teleasistencia do Concello de Ribadeo realizan un curso de avaliación de riscos

Nota de prensa

VINTENOVE PERSOAS DO SERVIZO DE TELEASISTENCIA DO CONCELLO PARTICIPARÁN NUN ESTUDO PARA A AVALIACIÓN DE RISCOS. RIBADEO FOI PIONEIRO NA POSTA EN MARCHA DESTE DISPOSITIVO DO QUE SE BENEFICIAN NA ACTUALIDADE 200 USUARIOS.

Ribadeo, 21 de xullo de 2011. Vintenove persoas do servizo de teleasistencia do Concello de Ribadeo participarán nun estudo da Xunta para a avaliación de riscos. O traballo realizarase instalando equipos de protección, detectores de caídas e de fume nos domicilios dos usuarios.

A concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, sinalou que “isto supón unha ampliación importante das garantías que xa de por sí da o servizo de teleasistencia”. A edil nacionalista lembrou que “o Concello de Ribadeo foi pioneiro, en Galicia, na instalación de equipos de teleasistencia e a día de hoxe é o que ten máis por número de habitantes. Na actualidade benefícianse deste servizo 200 persoas, o que supón un equipo por cada 50 habitantes”.

González Piñeiroa considera que “o estudo no que participarán estas 29 persoas servirá para avaliar a calidade da asistencia e para mellorar o servizo que se presta aos usuarios”.

Exit mobile version