Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron a Feira do Bonito de Burela na FIMO e ofreceron unha degustación

Nota de prensa

JOSÉ Mª GONZÁLEZ BARCIA E MÓNICA PEDRE ASISTIRON EN FERROL Á PRESENTACIÓN DA FEIRA DO BONITO. ESTA TARDE OS QUE ACUDAN Á FEIRA DE MOSTRAS DO NOROESTE PODERÁN DEGUSTALO ASADO E EN SALPICÓN.

Burela, 23 de xullo de 2011. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, asistiron esta mañá en FIMO (Ferrol) á presentación da XXVII Feira do Bonito, que se celebrará o vindeiro 6 de agosto en Burela.

Segundo explicou a presidenta da S.C.R. Ledicia, Rocío Rivera, serán 3.200 kilos de bonito os que se degusten na Feira do Bonito. O príncipe azul serviráse cocido, asado e en empanada e ademáis este ano serviránse racións sen gluten, pensadas para as persoas celíacas.

Nesta tarde de sábado os visitantes que acudan á Feira Internacional de Mostras do Noroeste poderán saborear bonito do norte, asado e en salpicón.

González Barcia aproveitou o seu paso por Fimo para convidar a todos os ferroláns a acudir a Burela o vindeiro 6 de agosto a disfrutar da Feira do Bonito e das actividades organizadas para a ocasión. O rexedor subliñou a importancia do binomio Burela-bonito, “Burela non se entende sen o bonito, nin o bonito sen Burela”, en alusión á importancia que a costeira ten para Burela e á labor que veñen realizando os seus mariñeiros na difusión do consumo deste peixe.

No acto que se desenvolveu esta mañá en Ferrol participaron ademáis do alcalde e a concelleira de Cultura, a presidenta de Ledicia, Rocío Rivera, e o director da Feira de Mostras do Noroeste, Domingo A.Díaz Basoa

Exit mobile version