Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en Burela unha nova edición de Produart e da Feira do Bonito

REFERENCIA

Presentación da novena edición de Produart e da vixésimo séptima Feira do Bonito de Burela, que se celebrarán a primeira fin de semana de agosto. Ao acto que se desenvolvía no Concello asistiron este mediodía a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, o vicepresidente primeiro da Deputación, Antonio Veiga, o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, así como representantes da organización da Feira do Bonito e de Produart.

Produart, a feira dos producos artesanais e ecolóxicos, celebraráse do 5 ao 7 de agosto no recinto da nave de redes. E a feira do bonito será o 6 de agosto na explanada portuaria. Este evento será presentado dentro duns días aos medios de comunicación en Lugo.

Exit mobile version