Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata o campus da asociación deportiva Canillas que se celebrou en instalacións do concello de Cervo

Nota de prensa:
Unha representación dos rapaces participantes neste actividade, xunto cos monitores, acompañaron aos representantes municipais nunha foto para o recordo da súa estadía no Concello

CONCLÚE O CAMPUS DA ASOCIACIÓN DEPORTIVA CANILLAS COA PRESENZA DO ALCALDE E DO DELEGADO DE DEPORTES

O Concello de Cervo cedeu varias instalacións municipais como apoio a este tipo de actividades de promoción da práctica deportiva.

O Goberno municipal mantén a súa aposta polo mundo do deporte, en inverno coas Escolas Deportivas Municipais, e, en verán, coas Noites Alternativas.

Cervo, 14 de xullo de 2011.- Un ano máis o concello de Cervo foi anfitrión do campus estival da Asociación Deportiva Canillas polo que preto dun centenar de rapaces puideron gozar dende o pasado día 1 de xullo con distintas actividades co deporte como clave principal de todas as xornadas de convivencia. Preto dun centenar de rapaces procedentes de toda España tiveron a oportunidade de perfeccionar o seu coñecemento do fútbol, divertirse nas principais praias de San Ciprián ou bañarse na piscina climatizada de Lieiro.

Na edición deste ano o Campus tivo a súa sede no Instituto Marqués de Sargadelos. A Xunta de Galicia a través do Instituto e do Concello de Cervo cedeu o uso do Ximnasio (que foi habilitado en dormitorio para os nenos das categorías Alevin, Infantil e Cadete; así como dunha vivenda anexa con tres dormitorios (a cal se hacondicionou como dormitorio dos máis pequenos) e do patio do instituto cunha cancha de baloncesto e dúas de fútbol sala.

Por outra banda, o Concello de Cervo cedeu o uso da Piscina climatizada, o uso do Polideportivo municipal e o do Campo de fútbol de herba natural da Veiga.

O Alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, participaron no acto de peche deste campus deportivo celebrado na mañá de hoxe no campo municipal da Veiga, en San Ciprián. Os representantes municipais subliñaron o contido social da actividade e a importancia da práctica deportiva, “xa non só desde o punto de vista da mellora do estado físico e da saúde, senón como elemento de interacción e relación entre os máis mozos” indicou o alcalde cervense. Nesa liña o concelleiro de Deportes adiantou que o Concello de Cervo apoia este tipo de iniciativas dentro das que tamén están as actividades de ocio alternativo e deporte que se desenvolven nas noites de verán ou as Escolas Deportivas Municipais que o Goberno local promove durante a época escolar.

Alfonso Villares e José Ramón Soto, xunto cos monitores do campus e unha representación dos alumnos participantes fixeron unha foto de grupo para inmortalizar este momento. O peche da súa estadía na edición 2011 do Campus desta entidade en terras cervenses.

Exit mobile version