Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou o cursiño de informática impartido polo Concello de Lourenzá en colaboración de Asaja

Nota de prensa

Nota de prensa Delegación Medio Rural

En colaboración con ASAJA Galicia

REMATA O CURSIÑO DE INFORMÁTICA IMPARTIDO CO CONCELLO DE LOURENZÁ

• Estivo presente Manuel López coordinador de ASAJA en Lugo

Lourenzá, 20 de Xullo do 2011.- Na noite de onte clausurouse o curso de Informática impartido no concello de Lourenzá durante as dúas últimas semanas en colaboración de ASAJA Galicia.

O temario deste curso impartíuse en cinco módulos a través dos cales os alumnos traballaron sobre o sistema operativo Windows (conceptos básicos, uso de elementos externos, barra de ferramentas, exploración de menus…), sobre o procesador de textos Microsoft Word, aprenderon a traballar con follas de cálculo a través das ferramentas de Micorsoft EXCEL e viron nocións básicas sobre a base de datos Microsoft Access, ademáis no último modulo traballaron sobre un modelo práctico dunha explotación do sector primario.

Como ven sendo costume este curso darase definitivamente por rematado o próximo venres coa tradicional cea de fin de cursiño, donde autoridades, monitores e alumnos de xeito distendido comparten mesa.

Seguindo coa dinámica habitual a partires de setembro son varios os cursos que xa se están programando: Manipulación de Alimentos, Benestar Animal, Costura, Restauración de Mobles, …

Exit mobile version