Site icon Crónica3.com A Mariña

Reparten cinceiros para fumar nas praias de Cervo nos postos de socorrismo

Nota de prensa

O CONCELLO DE CERVO REFORZA O SERVIZO DE LIMPEZA NA ÉPOCA ESTIVAL E REPARTE CINCEIROS ECOLÓXICOS NAS PRAIAS DO MUNICIPIO

O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente e Turismo presentaron hoxe os recipientes, fabricados en plástico reciclable
Begoña Alonso rexeitou as críticas socialistas sobre o estado da praia do Torno e lembroulle á oposición que o Concello leva máis de catro anos agardando a que os dirixentes de Costas decidan investir na mellora deste areal

Cervo, 16 de xullo de 2010.- Co obxectivo de manter limpas as praias do municipio e protexer o medio ambiente, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e, a concelleira de Medio Ambiente, Begoña Alonso, fixeron entrega esta mañá de cinceiros ecolóxicos nos postos de socorrismo dos principais areais cervenses.

Esta medida, que ven repetindo nos últimos anos o departamento municipal de Medio Ambiente, pretende diminuír a presencia de cabichas e outros refugallos nas praias do municipio máis frecuentadas nestes meses de verán.

Os cinceiros teñen forma cónica, que se poden cravar na area. Inclúen unha tapa na parte superior, para que non caian as cabichas e se poida apagar os cigarros. En todos eles está serigrafiado o nome e o escudo do Concello, así como o do departamento promotor da iniciativa. Están feitos de material plástico denominado polipropileno copolimero cuxas características fano non inflamable, resistente e reciclable. “Es importante esta última característica, porque lo que no podemos hacer es aportar más elementos que no contribuyan a la sostenibilidad medioambiental”, indicou Begoña Alonso.

A concelleira de Medio Ambiente tamén aclarou que o seu departamento no contempla a posibilidade de propoñer zonas acotadas para fumadores nas praias: “Eso nunca lo llegamos a valorar, sino que apostamos por los procesos de educación y por el respeto a los vecinos”. Asegurou que fumar tabaco é un “habito social” e que desde o Concello intentan erradicalo, aínda que saben que é un “proceso lento, que va a llevar su tiempo, pero siempre desde el respeto”. Alonso Quintanilla tamén dixo que, despois de consultar a outros concellos de Galicia na que tamén ofertan este servicio, optouse por desbotar a opción dos cinceiros de cartón xa que con eles tamén se xera máis lixo.

A partir de hoxe, os interesados en obter un deles deberán pedilo nun dos postos de socorrismo, na Casa Consistorial ou na Casa da Cultura de San Ciprián.

Reforzo do servizo de limpeza urbana e en praias

Por outra banda, o alcalde cervense sinalou que o Concello reforzou o servizo de limpeza urbana e de praias durante estes meses de verán. “Para isto” -indicou- “a parte das dez persoas contratadas baixo a subvención da Xunta de Galicia, dende o Concello contratamos oito persoas máis con fondos propios. Estes 18 operarios contribuirán a reforzar a limpeza que é necesaria durante estes meses no noso concello, sobretodo nas súas praias, pero tampouco sen esquecer o resto dos contornos urbanos e tamén do rural” indicou.

Resposta ás criticas socialistas

Segundo indicou a responsable municipal de Turismo e Medio Ambiente, con estas dúas actuacións demóstrase que o Concello está a facer unha aposta forte “por la limpieza de las playas del y por el Medio Ambiente”. Por esta razón Begoña Alonso dixo non entender algunhas criticas recentes dos socialistas, “salvo, claro está, a que sen producto de su ignorancia” remachou. Ao fío disto, Alonso Quintanilla recordoulle á voceira dos socialistas cervenses que o Concello de Cervo leva máis de catro anos agardando da Dirección de Costas investimentos para mellorar os vestiarios da praia do Torno “y mientras que las ayudas si llegan a otros municipios, nosostros tenemos que seguir esperando a que los dirigentes políticos de este organismo estatal se decidan a invertir en la mejora de esta playa, la más importante de nuestro municipio” sinalou.

A representante municipal tamén dixo que as propias notas técnicas emitidas por Costas prohiben aos operarios municipais quitar as algas dos areais. “Nos impiden hacer cualquier tipo de movimiento de arena para allanar la superficie de la playa de forma mecanizada y nos dificultan también la retirada de piedras” sinalou Alonso, que lembrou tamén que as devanditas directrices proceden “del mismo organismo que hace unos años multó a todos los vecinos de este municipio por instalar en las inmediaciones de O Torno unos contenedores subterráneos”. “A pesar de todos estos condicionantes, de la negativa de Costas de invertir en el mantenimiento de nuestros arenales y de lo que digan los socialistas, el estado de nuestras playas es bueno y está al nivel del resto de ayuntamientos de la comarca”.

Exit mobile version