Site icon Crónica3.com A Mariña

Repartirán 1.780 euros no Entroido de Verán que organiza a ACIA de San Cibrao

Nota de prensa

Representantes da Asociación de Comerciantes Industriais e Autónomos presentaron
hoxe esta actividade na que se repartirán 1.780 euros en premios

SAN CIPRIÁN CELEBRARÁ O VINDEIRO 6 DE AGOSTO A TERCEIRA EDICIÓN DO ENTROIDO DE
VERÁN

SAN CIPRIÁN, 28 de xullo de 2011-Os representantes da directiva da asociación de
Comerciantes Industriais e Autónomos de San Ciprián fixeron hoxe a presentación
oficial do cartel anunciador da cuarta edición do Entroido de Verán organizado
polo colectivo empresarial desta vila.

Este entroido estival celebrarase o sábado seis de agosto e está organizado pola
ACIA e colaboran o Concello de Cervo, a Deputación de Lugo e o Inludes.

O desfile sairá da Casa do Mar a partires das nove da noite e percorrerá as
principais rúas de San Ciprián. Na presente edición a contía de premios rondará
os 2.000 euros nas distintas modalidades das dúas categorías (Infantil e
Adultos).

Os Premios son os seguintes:

ADULTOS:

1º GRUPOS (Comparsas, Charangas, etc…): 450 €
2º GRUPOS (Comparsas, Charangas, etc…) : 200 €
3º GRUPOS (Comparsas, Charangas, etc…): 100 €

1º PARELLAS: 100 €
2º PARELLAS: 70 €
3º PARELLAS: 50 €

1º INDIVIDUAIS: 50 €
2º INDIVIDUAIS: 30 €
3º INDIVIDUAIS: 20 €
INFANTIS:

1º GRUPOS (Comparsas, Charangas, etc…): 250 €
2º GRUPOS (Comparsas, Charangas, etc…): 150 €
3º GRUPOS (Comparsas, Charangas, etc…): 100 €

1º PARELLAS: 75 €
2º PARELLAS: 50 €
3º PARELLAS: 25 €

1º INDIVIDUAIS: 30 €
2º INDIVIDUAIS: 20 €
3º INDIVIDUAIS: 10 €

Os interesados en participar poderán facelo inscribíndose nos números de
teléfono 982.59.47.05 (Deportes González) e 982.59.47.94 (Froristería Pétalos).
A data límite para facelo será o mesmo día do desfile ás 20.00 horas.

Segundo indicaron os organizadores, o fallo do xurado darase a coñecer na Praza
dos Campos unha vez remate o desfile durante o transcurso da actuación do DJ.
Ovo, que terá lugar ese mesmo día. Para recoller o premio é imprescindible que
os gañadores acudan disfrazados.
Os representantes da Acia sinalaron que este é o cuarto ano no que se celebrará
este entroido estival. “Esta es una actividad que surgió con la intención de
dinamizar y animar a la participación de la gente del pueblo, del resto de
localidades y también a los turistas; y dada la buena acogida que ha tenido en
las anteriores ediciones, decidimos repetir también este año. Por eso, animamos
a toda la gente a que participe y se anime a pasar un buen día” indicaron.

Exit mobile version