Site icon Crónica3.com A Mariña

Responsables de Educación é a delegada da Xunta en Lugo visitaron centros educativos en Foz

Nota de prensa

O conselleiro de Educación visita centros educativos do concello de Foz, en Lugo

Ao longo do presente ano realizáronse arranxos no IES de Foz, e no CEIP Fondo Nois
Vázquez Abad, acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, comprobou a situacións das instalacións dos colexios
O conselleiro visitará esta tarde o Taller de Musicoterapia que se está a desenvolver no CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo

Foz (Lugo), 22 de xullo 2011.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, percorreu na maña de hoxe os distintos centros educativos do concello de Foz, en Lugo. Acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e polo xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Ledo, o conselleiro comprobou de primeira man a situación do IES de Foz e do CEIP Fondo Nois.

Así, en primeiro termo percorreu as instalacións do IES de Foz no que, xunto ao seu director, Nemesio Rodríguez, e parte do equipo directivo, deron conta da ampliación do almacén do centro. Cómpre sinalar que nos últimos anos a administración leva investidos máis de 41.000 euros destinados á impermeabilización do canlón e reparación do lucernario, melloras que benefician aos 416 alumnas e alumnos do instituto.

Asemade tamén estiveron a visitar distintas estancias do mesmo, como a biblioteca escolar, na que a Consellería leva investidos máis de 27.000 euros, e que forma parte do Plan de Mellorar de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Visita ao CEIP
A visita no concello lucense de Foz, continuou no CEIP Fondo Nois, no que xa se remataron as obras relativas aos arranxos que o centro precisou tras un dos temporais que o pasado inverno fixo estragos na zona, un investimento que xunto aos dos últimos dous anos supuxo un investimento por parte da Consellería de máis de 11.000 euros en obras de reforma e mellora.

Xunto ao director, Xoán Bieito García Lorenzo, o conselleiro visitou as instalacións do mesmo e a biblioteca escolar na que se levan investidos 5.000 euros para a realización de actividades de fomento do hábito lector entre os 137 alumnas e alumnos do colexio.

Con estas visitas o conselleiro volveu a dar conta do seu interese polo estado dos centros educativos de cara ao novo curso escolar.

Tras o percorrido polos dous centros focenses, o conselleiro de Educación visitará ademais esta tarde o Taller de Musicoterapia que se está a desenvolver no CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo

Exit mobile version