Site icon Crónica3.com A Mariña

San Cibaro celebra o día da Bicicleta “como alternativa ao vehículo”

Nota de prensa

O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO VENRES EN SAN CIPRIÁN O DÍA DA BICICLETA

O obxectivo deste evento é preservar o medio ambiente e apostar pola saúde e polo deporte con diferentes actividades lúdicas de fomento da bicicleta como alternativa ao vehículo

Cervo, 18 de xullo de 2010.- O concelleiro de Deportes do Concello de Cervo, José Ramón Soto, anunciou hoxe a celebración do Día da Bicicleta, que terá lugar na vila de San Ciprián o vindeiro venres, día 22, a partires das seis da tarde.

Segundo indicou o responsable de Deportes local, a finalidade desta actividade, que ven celebrando regularmente o Concello de Cervo, é preservar o medio ambiente e apostar pola saúde e polo deporte con diferentes actividades lúdicas de fomento da bicicleta como alternativa ao vehículo nos desprazamentos urbanos e de corta distancia.

Os actos están abertos a todos os públicos sen límite de idade. Comezarán cun percorrido pola vila de San Ciprián, onde os participantes recorrerán as principais vías da vila nunha tarde divertida y festiva. Ao remate do itinerario está previsto que se celebre unha ximcana de habilidades coa bicicleta na Praza dos Campos. “O obxectivo do evento é seguir fomentando o uso da bicicleta como elemento alternativo ao coche, como forma de respectar o medioambiente e como forma de facer exercicio e deporte” incidiu Soto.

Esta actividade está organizada pola concellería de Deportes do Concello de Cervo e conta coa colaboración da empresa IG-10 Sport no seu desenvolvemento.

Exit mobile version