Site icon Crónica3.com A Mariña

Sito Rivera e Luis Fonseca no profesorado da segunda xornada do Campus Internacional do Burela FS

Nota de prensa:
SITO RIVERA E LUIS FONSECA ENTRE O PROFESORADO DA SEGUNDA XORNADA

A segunda xornada do Campus Mixto Internacional Burela FS abrirá mañá co seleccionador de Romanía, Sito Rivera, e o técnico do Reale Cartagena, Luis Fonseca, entre o seu profesorado. O alumnado do clínic laranxa tamén recibirá nos adestramentos o xogador do Autos Lobelle de Santiago FS Luis e os burelistas Edu e Lucía.

Despois dunha mañá esgotadora, centrada en sesións técnico-tácticas, xogos na praia do Portelo e diferentes obradoiros, pola tarde a gran familia laranxa que se reúne estes días en Burela poderá conversar cos convidados nunha charla-coloquio no salón de plenos do consistorio, a partir das 17.15 horas, con recepción previa das autoridades locais. Unha nova sesión de adestramento, ata as 20.00 horas, pechará a segunda xeira da cita deportiva de referencia no verán mariñán.

Exit mobile version