Site icon Crónica3.com A Mariña

Trapalladas en Foz

Trapalladas en Foz

O que foi candidato do PSOE de Foz, que perdeu as votacións ás eleccións municipais, a alcaldía de Foz e ao seu principal aliado político, vai e descobre agora que existe, algo así como unha mafia político cementeira. Atopa historias raras, desas ás que a ninguén lle sorprendería que tivesen vida.
Sen embargo ese candidato derrotado limitase a engadar e non amosa unha sola denuncia, non aporta un solo nome, non da un so dato concreto. Nada, oferta populismo de barracón. Trapalladas.
Actitudes coma a do que non volverá a ser alcalde de Foz non son ningunha novidade na Mariña, naide parece estar interesado nas mafias político cementeiras. Non interesan en parte.
Na costa de Lugo hai variada literatura ao respecto, con resultados decepcionantes, similares aos agardados.

Xosé Rego

Exit mobile version