Site icon Crónica3.com A Mariña

“Troula Animación” volve a San Cibrao o domingo co espectáculo de rúa Lume

Nota de prensa:

Maxia, malabares e pirotecnia misturaranse na noite desta vila en plenas festas do Carme

‘TROULA ANIMACIÓN’ VOLTA A SAN CIPRIÁN O VINDEIRO DOMINGO CO ESPECTÁCULO DE RÚA “LUME”

Esta oferta cultural está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Consellería de Cultura dentro do programa “Camiños da Cultura” posto en marcha pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) en diversos concellos de Galicia

Cervo, 15 de xullo de 2011.- As rúas de San Ciprián acollerán a partires do vindeiro domingo ás 21.30 horas a actuación do grupo “Troula Animación”. Esta formación, que xa estivera anteriormente nesta vila coa súa montaxe “Calaveras y Diablitos”, trae nesta ocasión a San Ciprián o seu espectáculo “Lume”.

A actuación está organizada pola concellería de Cultura do Concello de Cervo e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da programación de verán “Camiños da Cultura” posta en marcha en distintos concellos de Galicia pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo.

O Espectáculo

O grupo vigués de animación invadirá esta vila cervense (en plenas festas do Carme) coa maxia a ritmo de percusión, malabares con fogo, escupidas de lume, pirotecnia… e a través de incribles seres do mundo das penumbras: meigas, trasgos, e diaños encargaranse de transmitir a festa e a maxia do lume.

Exit mobile version