Site icon Crónica3.com A Mariña

Un deputado do PP di que avala os pasos que está a dar o goberno galego para resolver a situación de parálise, inseguridade xurídica en Barreiros

Nota de prensa

O deputado popular avala os pasos que está a dar o novo Goberno galego para resolver a situación de parálise, inseguridade xurídica e desemprego provocada polo proceder da anterior Xunta bipartita

BALSEIRO SOBRE BARREIROS: “O PP FOI CAPAZ DE OFRECER SOLUCIÓNS ALÍ ONDE OUTROS TAN SÓ XERARON PROBLEMAS”

A acción irreflexibla de PSOE e BNG na Xunta xerou uns efectos perversos que é preciso encauzar a fin de reducir perxuicios aos veciños de Barreiros, compradores de boa fe, empresas constructoras e aos seus traballadores e ao propio Concello.

Barreiros, 30 de xullo de 2011.- O deputado Jose Manuel Balseiro Orol explicou, referíndose ao próximo desbloqueo da situación urbanística no concello de Barreiros, que o Goberno autonómico do Partido Popular foi quen de ofrecer solucións, alí onde outros tan só xeraron problemas. O parlamentario popular avala os pasos que está a dar a actual Xunta de Galicia de cara á recuperación da normalidade nesta localidade, orientadas nun doble sentido: á posta en marcha dunha nova rede de servizos públicos básicos (saneamento, abastecemento,…etc) e a posibilitar o remate dos procesos constructivos iniciados e actualmente paralizados.

Recentemente a Xunta de Galicia ven de retirar os recursos xudiciais que había interposto durante o bipartito respecto a concesión dun medio cento de licencias de obra outorgadas polo Concello de Barreiros. Ditos recursos, en opinión do deptuado popular, mantiñan nunha situación de indefinición o desenvolvemento urbanístico de Barreiros, máxime cando moitas promocións foron paralizadas a medio proceso constructivo, véndose abocados a un longo e incerto desenlace tanto no tempo, como en materia de previsibles indemnizacións económicas.

Balseiro Orol entende que as disintas decisións adoptadas polo actual Goberno galego, pese a súa complexidade técnica, e xunto a outras iniciativas levadas a cabo, posibilitarán dar unha saida administrativa a unha dinámica edificatoria que, por mor da acción irreflexibla de paralización da Xunta bipartita, xerou uns efectos perversos que é preciso encauzar a fin de reducir perxuicios aos veciños de Barreiros, aos compradores de boa fe, ás empresas constructoras e os seus traballadores e ao propio Concello.

INICIATIVAS PARLAMENTARIAS

O parlamentario popular rexistrará varias iniciativas na Cámara galega para afondar nas consecuencias directa da retirada dos recursos xudicais das licencias de obra impugnadas no Concello de Barreiros, coñecer o escenario no ámbito xurídico e económico (indemnizacións) que se produciría de non terse levado a cabo esta solución, e significar que a acción da Xunta actual permitirá resolver a situación de parálise, inseguridade xurídica e desemprego provocada polo proceder das forzas do anterior bipartito.

Exit mobile version