Site icon Crónica3.com A Mariña

Un espectáculo de luz e son baseado na lenda do Rei Cintolo abre o curso de música e musicoterapia en Mondoñedo


Nota de prensa

MONDOÑEDO

14 de xullo de 2011

Un espectáculo de luz e son baseado na lenda do Rei Cintolo abrirá o martes o curso de música e musicoterapia

O V Curso Internacional de Música e Musicoterapia organizado por Aimpne comezará este martes co espectáculo de luz e son ‘O Pequeno Lume’. Con música de Michael P. Mossman, interpretada pola Banda de Lalín, xunto coa colaboración da bailarina, Mayte Vicens; o técnico de luz e son, Rafael Moya e o deseñador gráfico, Mauro Leivas; a praza da Catedral de Mondoñedo acollerá a representación dunha obra escrita para a ocasión por Antón Reigosa e baseada na lenda da Cidade de Brea e a Cova do Rei Cintolo.

O espectáculo, que marca a apertura do curso “Música para ti y para mí”, iniciará ás 22:30 horas, dando comezo así a cinco días de convivencia entre alumnos do curso de música, chegados de países de Europa e América, cos seus respectivos mestres de recoñecidos curriculums a nivel internacional e con nenos inscritos no curso de musicoterapia.

No curso de música impartirán clase en horario de mañá (10:00 e 13.30 horas) e tarde (16:00 e 18:00) o trompa, Luca Benucci; o trompeta, Frits Damrow; o tuba, Charles Schuchat; o trombón, Jörgen van Rijen; o clarinete; Arno Piters; o fagot; Ole-Kristian Dahl e o oboe, Nick Deutsch. Mentres que no Curso de Jazz transmitirán ao alumnado o seu coñecemento Michael P. Mossman (Trompeta), Antonio Hart (Saxofón) e o trío Andrés Rivas, Juan Manuel Varela Louro e Juansy Santomé. (No programa aparece o currículum de cada mestre).

Por outra banda, o curso conta con obradoiros de musicoterapia para que nenos con necesidades especiais se integren socialmente e desenvolvan as súas capacidades musicais. Este proxecto que Aimpne puxo a andar fai cinco anos funciona gracias a colaboración voluntaria dun amplo equipo de médicos, enfermeiros, psicólogos, logopedas e pedagogos, entre outros especialistas.

Cada noite que dura o curso, ás 21:30 horas, o auditorio municipal de Mondoñedo acollerá recitais dos profesores participantes no curso en cuxas actuacións estarán acompañados pola que está recoñecida como mellor pianista acompañante do mundo, Tomoko Sawano. De igual maneira, o programa recolle actividades nocturnas en diferentes locais da localidade (Sardiñada, Jam sessiosn, Chucarrasca, Queimada…).

Exit mobile version